Os cadetes perderon 3-2 fronte A Rúa. O partido comezou mal xa que ,despois de unha man de Michi na área, a Rúa puxese o 1-0 no marcador. Pero os nosos non se rendiron e Isma logrou poñer o empate despois de superar ao porteiro nun un para un. Asi se chegaría ao descanso.
Na segunda metade entrou Josiño por Isma xa que tiña molestias. Na metade da segunda parte a Rúa volveríase poñer por diante despois dunha contra ben definida polo dianteiro, ainda que pronto reaccionaron os nosos cun gol de Adri. Cerca do final e cos chantadinos volcados en ataque, os locais aproveitaron unha contra e provocaron un penalti, que transformarían poñendo o definitivo 3-2.
No hay comentarios:
Publicar un comentario