Volve pronto!
domingo, 5 de febrero de 2012
Ribeiro 1 - 2 SD CHANTADA
Os cadetes remataron este grupo ganándolle ao Ribeiro en Cortegada por 2 - 1. O partido comezou moi ben con ocasións visitantes e ao final da primeira metade Michi metería o primeiro gol. Na segunda parte Adri ampliaría a ventaxa. Nos ultimos minutos Ferreiro parou un penalti ainda que no rechace, despois dun barullo na área conseguirían reducir a ventaxa. Con este resultado os chantadinos remataron o grupo como campións.
jueves, 2 de febrero de 2012
Ribeiro - SD CHANTADA
Os cadetes rematan este sábado ás 4 30 contra o Ribeiro a primeira liguilla deste campeonato. Desde fai unhas xornadas concéntranse en quedar líderes de grupo xa que levan clasificados desde fai un tempo. De momento van primeiros pero só cun gol de diferencia na diferencia de goles fronte o Barco polo que nesta xornada xóganse o primeiro posto.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)