1ª provincial cadete
Volve pronto!
domingo, 5 de febrero de 2012
Ribeiro 1 - 2 SD CHANTADA
Os cadetes remataron este grupo ganándolle ao Ribeiro en Cortegada por 2 - 1. O partido comezou moi ben con ocasións visitantes e ao final da primeira metade Michi metería o primeiro gol. Na segunda parte Adri ampliaría a ventaxa. Nos ultimos minutos Ferreiro parou un penalti ainda que no rechace, despois dun barullo na área conseguirían reducir a ventaxa. Con este resultado os chantadinos remataron o grupo como campións.
jueves, 2 de febrero de 2012
Ribeiro - SD CHANTADA
Os cadetes rematan este sábado ás 4 30 contra o Ribeiro a primeira liguilla deste campeonato. Desde fai unhas xornadas concéntranse en quedar líderes de grupo xa que levan clasificados desde fai un tempo. De momento van primeiros pero só cun gol de diferencia na diferencia de goles fronte o Barco polo que nesta xornada xóganse o primeiro posto.
lunes, 30 de enero de 2012
ANIMOO EXPOOOOO!
O cadete Expo sufriu este fin de semana unha lesión na cadeira que o terá fora dos terreos de xogo durante uns meses. Queremoslle dar moito ánimo e que se recupere prontoo!
VAMOS EXPO!;)
VAMOS EXPO!;)
domingo, 29 de enero de 2012
SD CHANTADA 1 - 0 Ourense B
Os cadetes conseguiron a victoria pola minima ante un duro rival, que está no 3º posto da clasificación. O partido tuvo ocasion polos dous equipos e Noé pudo darlle a victoria aos chantadinos na segunda parte tras unha xogadaza de Michi. Asi os cadetes seguen 1º empatados a puntos co Barco.
viernes, 27 de enero de 2012
SD CHANTADA - Ourense B
Os cadetes xogarán este sábado ás 11 no Sangoñedo. Será a penúltima xornada deste grupo antes de pasar ao grupo final para loitar pola fase de ascenso.
domingo, 22 de enero de 2012
Arenteiro B 3 - 6 SD CHANTADA
Os cadetes conseguiron este sábado a victoria contra o Arenteiro B. O partido comezou ben cun gol de Alex. Pouco despois os locais empatarian cun gol en propia porta. Asi se irían ao descanso. Na segunda parte os chantadinos encaixaron dous goles a balón parado que poñia moi dificil o partido. Pero non se rendiron e lograron unha gran remontada marcando 5 goles (Michi (2), Expo, Noé e Adri) en 25 minutos. Asi os nosos seguen primeiros empatados a puntos co Barco pero con mellor diferencia de goles.
domingo, 15 de enero de 2012
Barco 0 - 3 SD CHANTADA
Os cadetes conseguiron unha importantisima victoria tanto para quedar primeiros de grupo como para o ánimo dos xogadores. Conseguiron ganarlle a un equipo que nunca perdera e lles ganara 1-4 no Sangoñedo e será un dos rivais da seguinte fase.
A primeira parte foi igualada na que os dous equipos loitaron moito pero non houbo goles hasta que, xa na segunda metade, Michi, despois dunha gran xogada persoal, abrira o marcador. Despois chegarían os goles de Adrian de penalti e de Lobelle. Así os cadetes colócanse primeiros de grupo empatados a puntos co Barco.
Vamooooooos!
A primeira parte foi igualada na que os dous equipos loitaron moito pero non houbo goles hasta que, xa na segunda metade, Michi, despois dunha gran xogada persoal, abrira o marcador. Despois chegarían os goles de Adrian de penalti e de Lobelle. Así os cadetes colócanse primeiros de grupo empatados a puntos co Barco.
Vamooooooos!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)