Volve pronto!

Volve pronto!

domingo, 6 de noviembre de 2011

Ourense B 3-5 SD CHANTADA

Os cadetes conseguiron un triunfo moi traballado no campo do Ourense B. Foi un partido moi igualado tanto na primeira como segunda parte.
Na primeira metade conseguiuse antes do minuto 30 poñerse 0-2, con gol de penalti de Adri e de Noe de vaselina. Despois deses goles os ourensáns chegaron con mais peligro e conseguiron marcar de penalti o 1-2 e seguidamente o 2-2 cun gran gol.
Na segunda metade adiantáronse os de Ourense cun gol desde fora da área, pero pronto reaccionaron os chantadinos cun gol en propia porta. Con 3-3 chegaríase aos instantes final e os nosos gañarían o partido con 2 goles: un de Dani e outro de Hugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario